Set 24 2009

Profile Image of xano

Edublogue práctica

Filed under máis

Unha proposta para a formación:
edubloguepodcast

No responses yet

Ago 27 2009

Profile Image of xano

Publicación e reprodución do audio

Filed under ferramentas

Aproveitando as utilísimas indicacións de Xoán Díaz en Blogue de proba sobre audio, e mais concretamente sobre reprodutores, recollemos aquí algunhas posibilidades de publicación dun arquivo mp3, tendo en conta que Blogaliza xa facilita reprodutor, descarga e subscrición, mais é posíbel que prefiramos (ou necesitemos) outras opcións ou queiramos publicar noutros espazos.
Organizamos as diferentes posibilidades en cinco grandes grupos, segundo as preferencias ou necesidades á hora de publicar o audio:

En cada un deles, agás nos dous últimos, distinguimos o recurso a aplicacións da rede e o aloxamento en sitios propios.

  • No primeiro caso, o manexo soe simplificarse moito, obtendo funcionalidades (reprodución, subscrición automática ao podcast, código para incrustar…) de xeito doado e nun único sitio, aínda que dependamos de ferramentas online non sempre estábeis e gratuítas.
  • No segundo caso, o aloxamento nun sitio propio do audio e do(s) arquivo(s) do reprodutor esixe (agás, claro, en Blogaliza) máis coñecementos técnicos, xogar polo xeral con diversos espazos e ter que elaborar ou crear en servizos como feedburner a opción de subscrición ao podcast, aínda que é un sistema máis seguro, máis adaptábel e máis atractivo.

A mellor opción se queremos publicar en blogue é, sen dúbida, Blogaliza. Só temos que activar o Engadido Podpress, situar no lateral o widget Feed Buttons (Aparencia > Widgets > Engadir) e subir e inserir o mp3 nunha anotación ou páxina con Engadir medios. Aí tamén podemos aloxar arquivos swf (os propios reprodutores independentes), desde Engadir medios, mais se temos que dispoñer de arquivos .xml (para listas de reprodución), teremos que empregar algún outro sitio, como Brinkster.
Utilizamos para exemplificar aquí algúns arquivos nosos: http://disticuarto.blogaliza.org/files/2008/12/anxosnovo.mp3 e mais http://dinamizacaramial.blogaliza.org/files/2009/02/mb.mp3 .

1. Reprodutores simples
A opción máis básica: un audio e un «botón» para reproducilo.

1.1. En aplicacións da rede.
A maneira máis sinxela, despois de que pechase Boomp3, é subir o mp3 a DivShare. Premendo en more options, obtemos o código para incrustalo. A descarga ofrécea xa o propio reprodutor.

Outras opcións
Con case igual facilidade e con máis funcionalidades, en box.net gardamos o arquivo nunha carpeta e obtemos xa o código embed para ter algo así:

ClickCaster, aínda sendo un sitio que ofrece a creación de canles para confeccionar un verdadeiro audioblogue, constitúe ao mesmo tempo un servizo sinxelo e práctico para aloxar podcast. Pode ser de axuda, en todo caso, esta imaxe-guía. Teremos, por exemplo:
Descarga e subscrición
En Blip.tv tamén obtemos doadamente ao subir o mp3 todos os elementos necesarios. O malo é que a conversión a flash para poder incrustar o reprodutor noutros sitios web pode tardar un pouco.
Snapvine é tamén unha aplicación moi boa, con amplas opcións mais sen perda.


Máis

Algúns servizos ofrecen de maneira moi simple aloxamento con reprodutor, mais non opcións de descarga e subscrición, polo que o resultado non é propiamente un podcast. Por exemplo, estes dous:
eSnips. Tras o rexistro, tratarase unicamente de subir o arquivo desde Upload, premer en MP3 Widgets, elixir o reprodutor e copiar o código.

anxosnovo.mp3

AudioPal. Só temos que premer en Get Yours… para escoller UPLOAD (ou outra opción), subir o arquivo, dar un correo electrónico, consultalo e obter o código do reprodutor.

1.2. Aloxamento en sitio propio.

Un reprodutor funcional e simple é o DewPlayer (véxase Blogue de proba). Podemos descargalo gratuitamente (é un arquivo .swf) e instalalo no noso sitio web ou aproveitar algún xa subido, como este noso: http://dinamizacaramial.blogaliza.org/files/2008/11/dewplayer.swf Unha vez feito iso e aloxado o mp3, inserimos en html o seguinte código (cambiando as maiúsculas):

De xeito que apareza:


2. Reprodutores múltiples
Para poder amosar un conxunto de pezas xuntas.

2.1. En aplicacións na rede.
Con GCast é ben doado dispoñer dun reprodutor múltiple. Cómpre crear conta (Sign up Now) cuns poucos datos e logo poñerlle título, descrición e imaxe á nosa canle de podcast. Avanzamos en Next e, tras saltar o seguinte paso, entramos. Subiremos os arquivos propios desde Upload new audio para a canle inicial ou ben para as novas que creemos en Create new podcast channel. Ao abrir a canle vemos o reprodutor e optemos o código html desde Love this podcast? Add… ; escollemos, mellor marcar Non en Auto-play, observamos o seu funcionamento desde Text Player e copiamos.
Así teremos (vemos o listado de pezas premendo en POST):

Subscribe / Lévao

Outras opcións.
En ClickCaster (desde Embed ; e para este caso, accedendo a Looking for our old players?…):
Descarga e subscrición
En Bigcontact, desde Feed Players:

Ou aínda de xeito simplificado en Box.net (widget) (véxase esta guía; tamén se pode tomar o código embed da carpeta correspondente en box.net):

2.2. Aloxamento en sitio propio.
Podemos botar man dun reprodutor tipo iPod (véxase Blogue de proba)
(Aquí o noso exemplo)
Ou tamén usar o clásico de Jeroen Wijering (tamén presentado en Blogue de proba)
(Exemplo)
Tamén se poden descargar ou xerar directamente varios tipos de reprodutores configurábeis en MP3Player

3. Reprodutores con imaxes.
Para crear podcast enriquecido.

3.1. En aplicacións da rede
Para montar o audio e as imaxes na rede, podemos elixir Showbeyond (titorial, aquí):

Outras opcións.
Aínda con menos complicacións, funcionando mesmo sen rexistro, temos SmashMash. Porén, ten limitado o máximo de duración de cada imaxe (22 segundos máximo, con Slideshow Speed en cero) e cunha mala conexión a internet a sincronización son-imaxe falla. (Tamén permite editar as imaxes).

Tamén é interesante DiviCast… (véxase Ferramentas web).
En Podomatic podemos engadirlle ao podcast unha serie animada de imaxes (poñendo na opción For web viewing, attach an RSS feed of images un enderezo feed dun usuario, grupo, etc. de Flickr ou outros servizos na rede), pero no podemos controlar o avance desas imaxes. Véxase un exemplo aquí.

3.2. Aloxamento en sitio propio.
Podemos xuntar unha imaxe ao audio co reprodutor gratuíto de longtail JWPlayer. O noso incorpórase con este código (para outras opcións, véxase Vagabundia):

<object width=»400″ height=»350″ type=»application/x-shockwave-flash» data=»http://remexernalingua.blogaliza.org/files/2009/08/player.swf»>
<param name=»movie» value=»http://remexernalingua.blogaliza.org/files/2009/08/player.swf» />
<param name=»flashvars» value=»file=A URL DO MP3 QUE QUEREMOS REPRODUCIR&amp;autoStart=true&amp;image=A URL DA IMAXE QUE QUEREMOS XUNTAR&amp;skin=http://remexernalingua.blogaliza.org/files/2009/08/metarby10.swf» />
</object>

E fica:

Con el tamén podemos reproducir arquivos flv, polo que podemos optar por realizar un (vídeo)podcast máis elaborado. Só temos que poñer a url do flv en vez do mp3:



4. Audioblogues
En Bigcontact (indicacións en Ferramentas web). Véxase o exemplo correspondente.

Outras opcións.
En Clickcaster, en Podomatic ou na comunidade de ivoox, por exemplo. Neste último obtemos este reprodutor (desta canle):


5. Mapas sonoros
Con woices, como aquí. De xeito máis interactivo, xogando con obxectos incrustados nas notas dos mapas, podemos acudir a Wayfaring (véxase este exemplo).

Taméns se están a desenvolver servizos con Google Maps API, caso de escoitar.org

One response so far

Feb 22 2009

Profile Image of xano

Materiais para a práctica en Blogaliza

Filed under ferramentas,propostas

No responses yet

Xuñ 24 2008

Profile Image of xano

Posibilidades 1

Filed under propostas

Proxecto: Recomendación de libros de lectura.

Finalidade: Facer reseñas breves de libros nas que se informe sobre as características básicas e se achegue unha opinión persoal fundamentada, ademais de poder ler interpretativamente algún fragmento.

Planificación: con guión, incluíndo música e imaxe(s).

Gravación: varias opcións.

Exemplo: Cuenta libros do Colexio Irabia.

No responses yet

Xuñ 15 2008

Profile Image of xano

Algunhas ferramentas

Filed under ferramentas

  • 1. Gravación e edición de audio

(software)

(en liña)

  • 2. Música libre (copyleft)

Ampla recompilación de sitios para descarga, en podgalego.

Efectos sonoros, aquí.

  • 3. Creación (moitas delas permiten gravar ao vivo) e/ou aloxamento

(enriquecido)

(videopodcast)

En blogaliza (wordpress), abondará con activar podpress para aloxar-publicar o arquivo mp3 e obter os seus feeds.

Características dalgunhas destas ferramentas, en podgalego e en masternewmedia

  • 4. Agregador de podcast

  • 5. Programas de subscrición

Outros, na escolma de podgalego.

No responses yet

Xuñ 15 2008

Profile Image of xano

Podcast na escola – uma proposta de construção de conhecimento

Filed under reflexións

Da Prof. Gládis, coordinadora TIC e da radio web do CAIC Mariano Costa (dentro do Proxecto PodEscola, no Brasil, e recollida na nosa páxina de Experiencias). En febreiro de 2006.

 

2 responses so far

Xuñ 14 2008

Profile Image of xano

Sitios para a aprendizaxe

Filed under máis

Aulawiki21

Blogue de proba

Como facer un podcast gratis

Comunicació i audiovisuals a Internet

Curso CFIE

Educasting

e-via.org

Gabinete de informática

Introducción al Podcasting

Novas Tecnologias na Formação

No responses yet

Olark Livehelp